Publicador de contidos

Contas de Depósito e Consignacións Xudiciais

As Contas de Depósitos e Consignacións Xudiciais facilitan o trámite económico dos asuntos xudiciais poñendo ao dispor dos cidadáns os mecanismos necesarios para o cumprimento dos compromisos económicos do proceso xudicial.

Teléfono de atención a cidadáns e profesionais da Xustiza
900 101 906. Número gratuíto de atención telefónica a cidadáns e profesionais da Xustiza, exclusivamente para cuestións relativas a operacións das contas de depósito e consignacións xudiciais. O servizo é fornecido polo Banco Santander coma entidade adxudicataria do contrato das devanditas contas.

 A través das Contas de Depósitos e Consignacións Xudiciais pódense realizar ingresos no proceso xudicial concreto, así como recibir os cartos correspondentes e que o órgano xudicial determine.
O Real Decreto 467/2006, do 21 de abril, regula os depósitos e consignacións xudiciais, en metálico, de efectos ou valores. 

Real Decreto 467/2006, do 21 de abril, polo que se regulan os depósitos e consignacións xudiciais, en metálico, de efectos ou va

Real Decreto 1273/2011, do 16 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 467/2006, do 21 de abril, polo que se regulan os depósitos e consignacións xudiciais, en metálico, de efectos ou valores.

ORDE JUS/1623/2007,  do 4 de abril, pola que se aproban os modelos de formularios de ingreso, ordes de pagamento e ordes de transferencia

Real Decreto 948/2015, do 23 de outubro, polo que se regula a Oficina de Recuperación e Xestión de Activos

As contas de depósitos e consignacións xudiciais son aquelas nas que se constitúen os depósitos e as consignacións xudiciais no eido dos procesos xudiciais. Están a nome dos órganos xudiciais.

 Un depósito xudicial é aquel ingreso que se realiza nas CDCX en cumprimento dunha resolución xudicial.
Constitúese un depósito xudicial nos seguintes supostos:

  • Cumprimento de garantías, fianzas, caucións ou outros requisitos procesuais.
  • Embargo de diñeiro ou valores realizables polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
  • Ingresos por mor de embargos de bens e da práctica de dilixencias xudiciais

Unha consignación xudicial é aquel ingreso que se realiza en execución voluntaria ou forzosa de títulos que impliquen execución, ou que se realicen con finalidade liberatoria polo obrigado ao pagamento dunha cantidade, ou noutros supostos legalmente establecidos.

  • Os cidadáns que, sendo parte dun proceso xudicial, deban aboar fianzas para eludiren a cadea ou garantir certo tipo de responsabilidades, realizaren depósitos para poderen recorrer as resolucións xudiciais ou pagaren multas impostas polas autoridades xudiciais.
  • Calquera cidadán que, aínda que non sexa parte nun proceso xudicial, queira realizar determinados actos con relevancia procesual, como participar nunha poxa xudicial, por exemplo.
  • O empresario, no suposto de despedimento improcedente, cando opte pola indemnización en lugar de readmitir o traballador despedido, para pór ao seu dispor a indemnización.
  • Aquelas persoas que deben unha cantidade a outra, ante a negativa desta a recibir o pagamento.
  • Aquelas persoas ou entidades que reciban unha orde de embargo ou, se é o caso, de retención e posterior posta a disposición por orde dun órgano xudicial.

En xeral, calquera persoa que reciba unha comunicación xudicial para pór ao dispor do órgano xudicial unha determinada cantidade.

Os depósitos e consignacións xudiciais realízanse mediante ingreso nunha “Conta de Depósitos e Consignacións” dun órgano xudicial, actualmente aberta no Banco Santander. Poderase realizar:

  • Presencialmente nas oficinas do Banco Santander (portelo ou caixeiros automáticos)
  • Telematicamente mediante transferencia bancaria

Deberase achegar un formulario con ingreso (“Resgardo de Ingreso”) que se pode solicitar na oficina ou no xulgado. No devandito formulario deberá figurar obrigatoriamente o nome do órgano xudicial ou, se é o caso, do Servizo Común Procesual que ordena o ingreso e, polo menos, os seguintes datos: nome ou razón social da persoa que realiza o ingreso e da persoa por conta da que se realiza, Número de Identificación Fiscal e enderezo do ordenante, cantidade da operación reflectida en letras e díxitos, concepto no que se realiza, data da operación e código completo da conta expediente sobre a que se realiza esta.
Os 16 díxitos correspondentes ao Procedemento seranlle fornecidos necesariamente polo órgano xudicial; se así o considera este, pódeselle entregar o formulario de “Resgardo de Ingreso” xa cuberto. No seu defecto, a oficina do Banco Santander poderá colaborar na obtención cuberta do devandito Resgardo.
Deberá conservar coidadosamente o exemplar do resgardo de ingreso debidamente selado e certificado polo banco, xa que é a única proba de ingreso que lle será outorgada e deberá presentar en caso de erro ou discrepancia.

Nas oficinas ou caixeiros automáticos do Banco Santander. Nas oficinas, ademais do EURO (EUR), admítense as seguintes divisas convertibles ao Euro: Dólar Australiano (AUD), Dólar Canadense (CAD), Franco Suízo (CHF), Coroa Dinamarquesa (DKK), Libra Esterlina (GBP), Ien Xaponés (JPY), Coroa Norueguesa (NOK), Coroa Sueca (SEK), Dólar Estadounidense (USD), Dólar Neozelandés (NZD) e Dirhams Marroquís (MAD).
Nos caixeiros, os ingresos só se poden realizar en billetes e limitaranse a cantidades inferiores a 1000 €.

Podes facer o ingreso con cheque bancario a nome do Xulgado ou Tribunal que ordenou o ingreso, ou a nome do Banco Santander. 

Lembre que o cheque debe ser nominativo e nacional, conformado en EURO, emitido por entidades establecidas en España e participantes no Sistema Nacional de Compensación.

Non se admitirán cheques ao portador, cheques de contas correntes ou cheques EMITIDOS NO ESTRANXEIRO (independentemente da súa moeda de emisión), malia seren de países da UE. 

Pode realizar o ingreso por transferencia bancaria desde unha conta corrente aberta en calquera entidade bancaria que non sexa o Banco Santander. Siga os seguintes pasos:

  • Emítaa á conta bancaria de 20 díxitos (CCC) IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274. Código SWIFT: BSCHESMM (obrigatorio para transferencias desde o estranxeiro).
  • No campo ORDENANTE indicarase o nome ou razón social e o NIF da persoa, física ou xurídica, obrigada a efectuar o ingreso.
  • No campo BENEFICIARIO, identifique o Xulgado ou Tribunal que ordena o ingreso.
  • No campo OBSERVACIÓNS OU CONCEPTO DA TRANSFERENCIA, indique primeiro os 16 díxitos que corresponden ao Procedemento (conta expediente). 

MOI IMPORTANTE: O formato correcto para informar os 16 díxitos é o seguinte XXXXXXXXXXXXXXXX ou XXXX-XXXX-XX-XXXX-XX separado do resto da información por espazos.   

Exemplo 1 (VÁLIDO):
9996000005023498 (alugueiro maio-03 C/Carmen 3-4º-1ª) Beatriz Camposanto Beltrán
9996-0000-05-0234-98 (alugueiro maio-03 C/Carmen 3-4º-1ª) Beatriz Camposanto Beltrán

Exemplo 2 (NON VÁLIDO):
9996000005023498 (alugueiro maio-03 C/Carmen 3-4º-1ª) Beatriz Camposanto Beltrán
9996-0000-05-Proc.0234-98 (alugueiro maio-03 C/Carmen 3-4º-1ª) Beatriz Camposanto Beltrán

Se é cliente do Banco Santander pode realizar a transferencia desde a súa conta utilizando a súa [Banca En Liña] e consignar os 16 díxitos correspondentes ao Procedemento ao que efectuar o ingreso, así como o seu concepto.

Para grandes empresas e aseguradoras, recoméndase contactar coa entidade bancaria para seguir o procedemento que facilita as transferencias masivas (inspirado no Caderno N34 da AEB).

Certamente, un terceiro pode realizar un ingreso por conta da persoa obrigada a el a través de calquera das canles establecidas para eses efectos. 

A orde de reintegro de cantidades a favor do seu beneficiario correspóndelle ao órgano xudicial, o cal lle comunicará o momento en que poderá facerse efectivo. Recoméndase, para unha maior axilidade no cobramento, achegar ao órgano xudicial o certificado de titularidade, a nome do beneficiario da cantidade, da conta bancaria na que se emita a orde de pagamento mediante transferencia.

Certamente, teñen unha caducidade de 3 meses. Se caduca, deberá dirixirse ao órgano xudicial para solicitar una nova orde.

As operacións de ingreso e cobramento de cantidades que sexan realizadas polos cidadáns a través da súa presenza física nas sucursais do Banco Santander serán atendidas durante todo o horario de apertura das mesmas.

As operacións de ingreso realizadas nos caixeiros automáticos pódense realizar sen límite horario, os 7 días da semana, así como as operacións telemáticas.